8 medallas para as/os máster no mundial de Polonia

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de oito medallas, dous de ouro, catro de prata e dous de bronce, foron o total de metais que as/os representantes galegos traerían de volta do mundial de pista cuberta que se disputaría na localidade polaca de Torun.

Lolo Penas con dous títulos mundiais sería o máis destacado da expedición galega logo de impoñerse na categoría máster 40 nas probas dos 3.000 m. e dos 10 km. ruta establecendo nesta última proba cun crono de 31:11, un novo récord galego da súa categoría.

Esther Pedrosa seria outra das protagonistas ó conseguir os subcampionatos mundiais nas probas dos 3.000 m. e de campo a través. Da mesma maneira tomaría parte xunto a Teresa Castro na competición por equipos onde cederían tan só ante o combinado británico, sumando unha nova prata. A atleta do Noia, pola súa banda na proba individual dos 10 km. ruta, lograría un ansiado bronce logo de que se lle escaparan os metáis nas probas individuais de cros  (4ª) e de 3.000 m. (5ª).

Emma Valencia completaría a sobresainte actuación galega ó colleitar o bronce nos 60 v. e sumar así unha nova medalla o seu palmerés internacional.

O resto de actuacións salientar o cuarto posto de Sole Castro no media marathon F50; o quinto lugar de Basi Bernárdez na lonxitude M45; o oitavo posto de Luz María Domínguez nos 800 m. F55 así como as actuacións de Domingo Alvarez quen non puido clasificarse para as finais dos 800 m. e 1.500 na M60.

O artigo 8 medallas para as/os máster no mundial de Polonia publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: 8 medallas para as/os máster no mundial de Polonia

Mas noticias relacionadas