Publicado por: U.D. Ourense
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA U.D.OURENSE
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 4 de xullo de 2019, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e 20,00 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Aprobación, se procede, das cuotas de abonados para a tempada 2019-20
2.- Rolda libre de intervencións
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA U.D.OURENSE
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 4 de xullo de 2019, ás 20,15 horas en primeira convocatoria e 20,45 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Extraordinaria de socios co seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Convocatoria de eleccións
2.- Rolda libre de intervencións
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.
La entrada Convocatoria asembleas para o vindeiro día 4 de xullo se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.
Enlace con la noticia original: Convocatoria asembleas para o vindeiro día 4 de xullo