Paco Doforno será o novo Presidente

Publicado por: Pabellon C.F.

A actual Xunta Directiva que encabeza Juan Francisco López Rodríguez «Juanín», anunciou en pleno proceso electoral que non optaría a un novo mandato e que soamente continuaría ata final desta tempada se non aparecía ningunha candidatura.

Finalmente, Paco Doforno, que fora xogador pabellonista, dende o que deu o salto ao Atlético de Madrid, presentou a súa candidatura e será o relevo na presidencia para os próximos catro anos.

Unha vez sexa efectivo o seu nomeamento de forma oficial deberá configurar o seu equipo directivo. Lóxicamente haberá un período de transición para pór ao día aos novos responsables do funcionamento da entidade pabellonista.

Da actual Xunta Directiva que finaliza o seu ciclo entre os máis veteranos está Juanín, que suma corenta anos na entidade nas que estivo como entrenador, directivo e as catro últimas como máximo mandatario, e Manuel Dopazo, que acumula corenta e cinco anos entre xogador, adestrador e secretario.


Enlace con la noticia original: Paco Doforno será o novo Presidente

Mas noticias relacionadas