O xuvenil ourensán, Ismael Martínez, reforza a UD Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense anuncia a incorporación de Ismael Martínez Lorenzo, procedente do CD Lugo da División de Honra de Xuvenís. O xogador chega para reforzar a faceta ofensiva do clube e a idea de contar con xóvenes ourensás.

Ismael Martínez Lorenzo (Picouto, San Cibrao, 1999) xa é xogador da UD Ourense tras chegar a un acordo ca entidade vermella para pasar a formar parte da súa discipliña. Trátase dun centrocampista de corte atacante de 18 anos que chega procedente do Clube Deportivo Lugo da División de Honra xuvenil, onde xogou esta tempada. Trátase dun atacante polivalente, que pode actuar tanto en punta coma nas bandas e na mediapunta, posición na que se desenvolve moi ben.

Formado na canteira do Pabellón ata infantís, deu o salto o RC Celta, onde xogou nas etapas de cadetes e xuvenís. Formou parte do cadete “B” que gañou a liga galega e o campionato galego o Deportivo na tempada 2013-2014. A tempada seguinte deu o salto o equipo da División de Honra, onde foi un habitual no esquema inicial, desputando 29 encontros coma titular nos que anotou 4 tantos, actuando en posicións na medular. Deu o salto a Liga Nacional, onde tamén desputou un bo número de encontros coma titular (30), anotando 4 goles. A pasada tempada, estivo parado por mor das lesións e estas foi bastante habitual nos esquemas do CD Lugo.

Ismael reforza a UD Ourense de cara o tramo final de Liga e ca idea de que sexa peza importante de cara o futuro da entidade, dada a súa idade, 18 anos. O clube segue traballando en confeccionar un plantel conformado por ourensás e por buscar xóvenes xogadores de cara o futuro. Deste xeito, chegaron a o clube esta tempada Carlos, Xoel, Presas, Joni e o propio Isma. O xogador será presentado este xoves nas oficinas de O Couto.

 

La entrada O xuvenil ourensán, Ismael Martínez, reforza a UD Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: O xuvenil ourensán, Ismael Martínez, reforza a UD Ourense

Mas noticias relacionadas