BLANCA PEREIRA CAMPIOA DE ESPAÑA

Publicado por: Ourense Atletismo

Blanca Peireia Campioa de España sub20 en Soria cun mellor lanzamento de 54.94. A lanzadora ourensá situouse no primeiro posto do podio no seu terceiro lanzamento, permitíndose o luxo de facer nulos nos tres seguintes lanzamentos. Os máis de catro metros de vantaxe sobre Elena Sanz foron suficientes para obter o ouro.

Tamén foi un mo bo campionato o de Hugo Fernández quen no martelo masculino quedou na 5ª posición, un posto mellor do que partía por marcas, despois de facer un concurso moi regular rondando os 50 metros, cerca da súa marca persoal. O seu mellor lanzamento foi de 50.67.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

LXX (LII) CAMPEONATO DE ESPAÑA SUB-20

La entrada BLANCA PEREIRA CAMPIOA DE ESPAÑA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: BLANCA PEREIRA CAMPIOA DE ESPAÑA

Mas noticias relacionadas