Publicado por: S.G.Pontevedra
No día de hoxe a Gimnástica participou no Provincial de Cros – Memorial Abanqueiro (Xogade) que se celebróu en Zamáns (Vigo), subindo ó podio en case todas as categorías e realizando, en xeral, unha actuación moi salientable no campionato.
Merecen mención especial as nosas rapazas, que demostraron a boa forma e o traballo realizado durante os adestramentos, acadando o primeiro posto en Cadete e Alevín, e o segundo en Infantil e Benxamín.
Pola súa parte, os rapaces fixeron un gran papel durante a mañá, subindo ó terceiro chanzo do podio nas categorías de Cadete, Infantil e Benxamín, e conseguindo un moi bo quinto posto en Alevín.
Parabéns a todos e a seguir por ese camiño!!
Enlace con la noticia original: Éxito no provincial de Cross – Xogade