Publicado por: Lucus Atletismo

Continúan as fines de semana de CAMPIONATOS DE GALICIA, nesta ocasión cos autonómicos para as categorías SUB16 (cadete) e SUB20 (xunior), que se disputarán este sábado 5 de maio nas pistas de atletismo da universidade coruñesa, en Oleiros. Segue lendo se queres coñecer o plan de viaxe!
Para este campionato, o Lucus Caixa Rural Galega presentarase coa categoría sub16 feminina e a sub20 feminina e masculina cun total de case 40 atletas, coa participación de atletas filiais do club como Escolas Deportivas Lourenzá ou o Club Ourense Atletismo. Para coñecer o regulamento de ambos campionatos podedes premer nos seguintes enlaces, así como os HORARIOS PROVISIONAIS.
REGULAMENTOS | ||||||
👉 CATEGORÍA SUB16 (CADETE) | ||||||
👉 CATEGORÍA SUB20 (XUNIOR) |
PLAN DE VIAXE
Para todas e todos os atletas que constitúan os equipos, sairá un autobús desde a Avda. Rodríguez Mourelo (diante do IES Lucus Augusti, antigo masculino) ás 7.45 horas, pasando polas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera. A comida será tamén alí e, ao remate da competición (arredor das 20:30h.), voltarase a Lugo no mesmo autobús, pois a competición será durante todo o día, en xornada de mañá e tarde. Se non o confirmastes todavía, informade polo grupo de WhatsApp se viaxaredes en bus ou en vehículos propios e se quedades a comer.
GRAZAS E MOITO ÉXITO EQUIPOS!!
Enlace con la noticia original: CAMPIONATOS DE GALICIA DE CLUBS SUB16 (CAD) e SUB20 (XUN) – Sábado 5 maio en Oleiros (A Coruña)