OURENSE ATLETISMO CAMPIÓN GALEGO EN MULLERES

Publicado por: Ourense Atletismo

O Ourense Atletismo proclamouse novamente Campión Galego de Clubs en categoría feminina, co que as rapazas conseguen o dobrete no ano 2025 ao ter gañado tamén o Campionato Galego de Clubs de Pista Curta. Os homes terminaron en oitava posición nun campionato moi rifado durante boa parte da xornada.

As mulleres situáronse rápido nos primeiros postos grazas á segunda posición de Alba Arranz en martelo cun mellor lanzamento de 42.07. Na xornada de mañá destacaron Iria Solera, vencendo na altura cun mellor salto de 1.60, Arancha Vázquez quen foi segunda con 12.42 nos 100 lisos, María Ezquerro gañando no disco con 44.14 e a mañá remataría coa vitoria no 4×100 con 48.86. Despois da metado do campionato o Ourense Atletismo xa estaba posicionado nunha primeira posición que non chegou a abandoar.

A tarde consolidou a primeira posición do club coas vitorias de Aitana Capeáns no peso con 12.62, Andrea Reija nos 100 valos con 14.54, África Gómez nos 200 con 26.20, Yiset Magali Jiménez na xavelina con 56.51, Alba Martínez no triplo con 11.80, e Leyla Villar nos 3.000 obstáculos con 11:17.68. En segunda posición quedaron Manuela Blanco en pértega con 3.66, , Aroa Muñoz con 57.52,  , Itzíar Manso nos 3.000 lisos con 10:17.39 e o 4×400 con 4:04.51. Obtiveron en total 142 puntos, fronte os 113 da Gimnástica de Pontevedra, polo que foi unha vitoria con solvencia.

Os homes comezaron con forza o campionato e ao finalizar a primeira xornada estaban situados na sexta posición. Destacar pola mañá o segundo posto de Nicolás Collazo (do filial Xuncas) nos 5.000 marcha con 22:03.80, e os terceiros posto de Unai Loureiro en lonxitude con 6.90 e Antón Cillero nos 100 lisos con 11.15 (ambos do filial Riazor Coruña).

Pola tarde, malia competitividade mostrada, os resultados non acompañaron tanto, e se baixou ata a oitava posición acadando un total de 63 puntos, a 11 dos 74 conseguidos polo Lucus Caixa Rural.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Clubs Absoluto en Pista AL

La entrada OURENSE ATLETISMO CAMPIÓN GALEGO EN MULLERES apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: OURENSE ATLETISMO CAMPIÓN GALEGO EN MULLERES

Mas noticias relacionadas