Publicado por: F.G. Atletismo
As pistas universitarias de Elviña viron pasar esta fin de semana a máis de medio milleiro de atletas procedentes de todos os recunchos da nosa comunidade que estiveron participando no Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 en xornada de maña e tarde, patrocinado por Xunta de Galicia e Concello da Coruña.
A nivel xeral, destacou o gran ambente que se viviu tanto nas bancadas como nas pistas por parte de todos os participante e asistentes que convertirían a este campionato, nunha gran festa do atletismo galego base.
Para o presidente da Federación Galega de Atletismo Ivan Sanmartín. ” Para nos esta é unha cita moi destacada na nosa programación anual. Somos moi conscientes da importancia que ten nestas idades este tipo de campionatos nas que por enriba de marcas, rexistros e resultados, intentamos poñer en valor e crear o maior número de estímulos, experiencias e aprendizaxes posibles. Por todo elo desde a Federación adicamos, e seguiremos adicando, todos cantos recursos estén nas nosa mans, para se sintan os verdadeiros protagonistas dunha xornada que pretendemos sexa moi especial para todos”
O artigo A canteira galega mostra futuro en Elviña publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A canteira galega mostra futuro en Elviña