HUGO CASAÑAS QUINTO NO DISCO

Publicado por: Ourense Atletismo

Hugo Casañas non tivo o seu mellor día e rematou quinto no lanzamento de disco. Non puido comseguir as dúas medallas ás que aspiraba no Festival Olímpico da Xuventude en Sjkope. O seu rexistro se 57.45 estivo un pouco lonxe da súa mellor marca, 64.51.

A proba foi gañada cos 62.52 do letón Tom Samauskis e a terceira praza foi para o ucraíno Yehon Lapa con  60.73. Hugo non atopou as sensacións en ningún momento e haberá que quedarse coa aprendizaxe que implica a participación internacional, especialmente importante nunha proba onde calquera erro implica unha redución de varios metros na marca.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Festival Olímpico da XuventudeFestival Olímpico da Xuventude

La entrada HUGO CASAÑAS QUINTO NO DISCO apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: HUGO CASAÑAS QUINTO NO DISCO

Mas noticias relacionadas