Publicado por: F.G. Atletismo
No día de hoxe tiveron lugar as presentacións no Concello de Ribadavia dos Campionatos Xunta de Galicia de campo a través Sub10-Sub12 e Sub14 – Memorial Alejandro Lorenzo e Campionato Xunta de Galicia Máster que se desenvolverán conxuntamente o vindeiro día 24 de xaneiro no circuito de A Veronza e pola que se agarda que pasen algo máis de 850 participantes.
No acto estiveron presentes o Alcalde do Concello César Manuel Fernández, o Vicepresidente da FGA Eladio Gómez e o técnico de deportes José Manuel Pérez quenes destacaron a importancia deste campionato que pasa por ser un dos máis numerosos en canto ao numero de participantes, salientando ademáis, a presenza de boa parte da importante e prometedora canteira do atletismo galego.
Durante a presentación, tamén se puxo en valor a capacidade organizativa do concello ribadaviense acostumado a desenvolver tanto probas do Deporte Escolar como probas federadas, e que o levaban a organizar nos últimos cinco anos, os campionatos galegos absolutos no 2022 e 2024.
Campionato Xunta de Galicia Máster
De igual modo, a cita servirá para que se desenvolva o Campionato Xunta de Galicia Máster na que se agarda unha importante presenza de atletas medallistas nas distintas modalidades a nivel estatal e internacional acontecidas o pasado ano 2025.
A edición dará comezo a partir das 10:30 horas cas primeiras carreiras máster, rematando ás 13:50 ca saída da carreira masculina Sub14
Campionato Xunta de Galicia Sub10-Sub12-Sub14. Memorial Alejandro Lorenzo
Campionato Xunta de Galicia Máster
O artigo Ribadavia presenta as edicións do Memorial Alejandro Lorenzo e do campionato máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Ribadavia presenta as edicións do Memorial Alejandro Lorenzo e do campionato máster
