OITO MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CURTA

Publicado por: Ourense Atletismo

Expourense acolleu un ano máis o Campionato Galego Absoluto de Pista Curta, onde o Sanysec – Ourense Atletismo conseguiu un total de oito medallas.

De ouro:

• Miguel Carbajales venceu na pértega cun mellor salto de 4.76, sacándolle máis de trinta centímetros ao segundo clasificado.
Iria Solera venceu no salto de altura cunha altura de 1.70 metros. A atleta tivo algúns apuros no 1.66, superando esa altura á terceira tentativa, pero aínda puido coa seguinte altura da cadencia.
• Manuela Blanco gañou en pértega con 3.80 metros. Fixo un salto válido en 3.65, que xa lle bastaría para gañar o campionato, e o válido en 3.80. Os tres nulos realizounos sobre o 3.6
• Alba Martínez venceu no triplo salto con 12.09. A atleta só fixo un salto válido máis un ineficiente 10.62, pero sacoulle máis de 60 centímetros á segunda clasificada.

De prata:

• Irma Veiguela foi segunda nos 800 cun tempo de 2:14.98.
Aitana Capeáns foi prata no lanzamento de peso con 12.55.

De bronce:

• Aroa Muñoz obtivo a medalla de bronce nos 400 parando o crono en 57.47.
Rebeca Fernández foi a terceira clasificada en pértega con 3.20.

Sete das oito medallas foron en categoría feminina. Por sectores, cinco foron en saltos (dos que tres foron en pértega) e as outras tres repartíronse entre lanzamentos, mediofondo e velocidade.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XLI Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Absoluto en Pista Curta

La entrada OITO MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CURTA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: OITO MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CURTA

Mas noticias relacionadas