
Publicado por: F.G. Atletismo
Angela González do Comesaña S.C cun crono de 5:08 e Pepe Sáchez del Valle da Gimnástica de Pontevedra con 4:34, proclamáronse esta fin de semana, gañadores galegos absolutos do XVII Campionato de Galicia de Milla en ruta celebrado no Concello de Redondela e que xuntaba a un importante número de atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.
Nunha excelente xornada de competición, xunto aos gañadores estiveron ocupando zona de podio as internacionais Demeku e Dibritu Paniagua do At. O Pino a un segundo da viguesa, e Hugo García do At. Portugalete e Pablo Ulla da Gimnástica a un e dous segundos respectivamente do campión.
De entre as actuacións salientamos os cinco novos récords galegos batidosrécords galegos protagonizados por Begoña Domínguez do Sanysec Ourense e Amador Pena do At. Obradoiro na categoría máster40; Marina Laura Fernández do At. Sada na F65; Begoña de Arriba do Egovarros na F70; Manuel Míllara do Comesaña na M80. De igual modo, Saturnino Gonzalez do Sanysec-Ourense, igualaba o récord galego na categoría M60
A maiores tamén se estivo desenvolvendo o Campionato galego de 1K en ruta para as categorías base Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16.
Gañadoras e gañadores do campionato Xunta de Galicia de Milla en ruta
- Absoluta. Ángela Gonzalez (Comesaña S.C), 5:08 e Pepe Sánchez (Gimnástica) 4:34
- Sub23. Sara Guedes (At. Lucense), 5:17 e Pepe Sánchez (Gimnástica) 4:34
- Sub20. Demeku Paniagua (At. Pino) 5:09 e Pedro Liaño (At. Sada) 4:42
- Sub18. Pablo Vázquez (At. Narón) 4:38
- Máster35. Damián Araujo (Marineda At.) 4:40
- Máster40. Begoña Domínguez (Sanysec-Ourense) 5:25 e e Álvaro Presedo (Marineda At.) 4:42
- Máster45. Mª Teresa Cimadevilla (El Canario), 6:09 e Amador Pena (At. Obradoiro) 4:42
- Máster50. Soledad A. Leiro (SD Compostela) 5:37 e Xabier Díaz (Lucus CRG) 5:01
- Máster55. Purificación Ánegas (Corred. do Miño), 6:13 e J. Carlos Sande (At. Baixo Miño) 5:17
- Máster60. Soledad Castro (Comesaña SC) 6:47 e Saturnino González (Sanysec-Ourense) 5:26
- Máster65. M.Laura Fernández (At. Sada) 7:01 e Ramiro Méndez (A Gándara) 5:42
- Máster70.Begoña de Arriba (Egovarros) 8:37 e Manuel Rodríguez (At. Porriño) 6:42
- Máster80. Manuel Míllara (Comesaña S.C) 8:25
Gañadoras e gañadores do campionato Xunta de Galicia de 1Km en ruta
- Sub16. Lía Núñez (At. Lucense) con 3:07 e Pedro Moiron (Mad.Barcia) 2:42
- Sub14. Valeria Mera (Eq. Ferrol) 3:17 e Angel Rodríguez (Vila de Vigo) 3:00
- Sub12. Julia Martínez (Baixo Miño) 3:26 e Mateo Vilela (At. Millaraio) 3:17
- Sub10. Ainhoa Conejo (S.A Trega) 3:55 e Antón Vázquez (Olympo As Pontes) 3:33

O artigo Ángela González e Pepe Sánchez, dominan o galego de milla en ruta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Ángela González e Pepe Sánchez, dominan o galego de milla en ruta
