
Publicado por: Ourense Atletismo
O Sanysec – Ourense Atletismo quedou ás portas do podio no Campionato Galego de Combinadas por Clubs ao rematar na cuarta posición.
O equipo conformado por Andrea Reija, Sara Vázquez e Noa Rey conseguiu un total de 9.979 puntos. A terceira praza foi obtida polo Atletismo Femenino Celta con 10.057 puntos, quedando o Atletismo Sada en segunda posición e a Gimnástica de Pontevedra como campioas.
A mellor actuación do noso club foi a de Andrea Reija con 4403 puntos, seguida de Sara Vázquez con 2802 e de Noa Rey con 2774.
Conxuntamente con este campionato, celebrouse o Criterium de Combinadas a nivel individual. Raúl Gude rematou terceiro sub20 con 4973 puntos, Andrea Reija foi a segunda no héptatlon absoluto, Noa Rey quinta no mesmo héptatlon e Sara Vázquez ocupou a oitava posición no héxatlon sub16.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campionato Xunta de Galicia de Clubs de Combinadas e Criterium
La entrada CUARTO POSTO NO GALEGO DE COMBINADAS DE CLUBS apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: CUARTO POSTO NO GALEGO DE COMBINADAS DE CLUBS


