CINCO MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18

Publicado por: Ourense Atletismo

Fantástica actuación dos atletas do Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato de España Sub18 celebrado en Castellón. Catro medallas de ouro e unha de prata dan fe do potencial do club, que quedou de cuarto na clasificación por clubs por postos de finalista.

Lograron medalla de ouro Aitana Capeáns en disco con 42.01 metros (mmp) e en peso con 15.38 metros, Irma Veiguela nos 1.500 con 4:29.11 (mmp) e Sabela Castelo nos 3.000 lisos con 9:50.27.

A outra medalla foi a prata de Noa López en martelo con 59.07.

Obtivemos tamén tres postos de finalista, ao rematar Javier Cid en cuarta posición do martelo con 61.59 metros, Mario Lorenzo sétimo nos 2.000 obstáculos con 6:00.21 e Sabela Vázquez en oitava posición no lanzamento de peso con 11.72 metros.

Os novenos postos foron para Irene Conde en martelo e Hugo Novoa en disco, décimas posicións para o mesmo Hugo en martelo e para Rebeca Fernández en pértega. Usúe Bernárdez Claudia Pérez participaron nas súas seminifais, sen poder clasificarse á final (31º e 35º postos por tempos).

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Allianz Nacionales sub-18

La entrada CINCO MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: CINCO MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18

Mas noticias relacionadas