Publicado por: Lucus Atletismo
Fin de semana de competicións autonómicas coa celebración do CAMPIONATO DE GALICIA SUB10, SUB12 e SUB14 o sábado 9 de xuño en Pontevedra e o CAMPIONATO DE GALICIA SUB20 e SUB23 ao día seguinte, domingo 10 de xuño, na localidade coruñesa de Ferrol.
O encargado de abrir esta fin de semana atlética será o campionato galega para as categorías menores da Escola de Atletismo LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, que se disputará o sábado 9 de xuño no Estadio da Xuventude do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, na provincia de Pontevedra. Os/as atletas SUB10 (benxamín), SUB12 (alevín) e SUB14 (infantil) terán a súa quenda para experimentar as sensacións dunha competición a nivel autonómico que reúne ás mellores marcas de cada proba, logo do traballo de toda a tempada que dará fin con esta cita ao Aire Libre. Podedes consultar o regulamento e a lista de inscricións nos enlaces posteriores.
Regulamento | Lista de inscricións |
En canto ao domingo 10 de xuño, a ocasión será para as categorías SUB20 (xunior) e SUB23 (promesa), cuxo campionato galego disputarase na Pista de Atletismo A Malata, en Ferrol. De novo, adxúntase información de interese, o horario definitivo e a lista de participantes.
Horario definitivo modificado | |
Regulamento | Lista de inscricións |
MOITO ÉXITO A TODOS/AS!!
Enlace con la noticia original: Fin de semana de CAMPIONATOS DE GALICIA (9 e 10 xuño)