O C.G.T.D. acollería o galego de lanzamentos longos

Publicado por: F.G. Atletismo

Preto de cincuenta lanzadores tomarían parte esta fin de semana no Campionato de Galicia de lanzamentos longos nas pistas do CGTD de Pontevedra.

As datas, que cadraban cos campionatos de España tanto máster como de menores, fixo que un bo número de atletas acudira ás mesmas o que sen lugar a dúbidas restaría certa notoriedade ó autonómico. En calquer caso, presenciaronse algúns rexistros interesantes como os 59.99 m. de Nacho Fernández do Playas de Jandía no lanzamento de martelo.

Na proba de xavelina Andrea González da Gimnástica, e malia non estar ó cento por cento, lanzaría ata os 44.77 m. correspondendo o triunfo na categoría masculina para Manuel Uriz con 62.38 m.

Victor Gallego e Claudia Puig da Gimnástica serían os domiñadores do concurso de disco con 49.25 m. e 36.66 m. respectivamente.

Por último a lanzadora da Gimnástica Sub20 Iria Filgueira en martelo con 41.94 m., completaría a lista de gañadoras absolutas deste campionato.

Resultados

O artigo O C.G.T.D. acollería o galego de lanzamentos longos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O C.G.T.D. acollería o galego de lanzamentos longos

Mas noticias relacionadas