Publicado por: F.G. Ciclismo
O vindeiro 8 de xuño a localidade lucense de Viveiro convertirase por primeira vez na capital do ciclismo adaptado estatal. A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) vén de confirmar o calendario da Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019, que celebrará a súa cuarta xornada na vila do Landro.
"Para nos é todo un desafío e faremos todo o que esté da nosa man para conseguir que o 8 de xuño sexá un gran día de ciclismo!", comentou na súa páxina de Facebook o Club Ciclista Viveiro, organizador deste evento.
O certamen estatal deste ano consta de nove probas puntuables. O calendario é o seguinte:
17-03 / Copa de España de Ciclismo Adaptado Tomelloso / Tomelloso (Ciudad Real)
06-04 / Copa de España de Ciclismo Adaptado Cuevas de Almanzora / Cuevas de Almanzora (Almería)
12-05 / Copa de España de Ciclismo Adaptado “Trofeo La Aparecida” / La Aparecida – Orihuela (Alicante)
08-06 / I Copa de España de Ciclismo Adaptado Concello de Viveiro / Viveiro (Lugo)
13-07 / Copa de España Ciclismo Adaptado “2º G.P. Ciudad de Badajoz” / Badajoz
21-09 / Memorial Eusebio González Ortuondo “Hierro” / Valle de Trápaga (Vizcaya)
5-10 / II Copa de España Adaptado – Gran Premio de Valencia / Cheste (Valencia)
19-10 / Copa de España Ciclismo Adaptado Bahía de Mazarrón / Mazarrón (Murcia)
20-10 / Copa España Ciclismo Adaptado Águilas / Águilas (Murcia)
Enlace con la noticia original: Viveiro acollerá unha proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019