Viveiro acollerá unha proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O vindeiro 8 de xuño a localidade lucense de Viveiro convertirase por primeira vez na capital do ciclismo adaptado estatal. A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) vén de confirmar o calendario da Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019, que celebrará a súa cuarta xornada na vila do Landro. 

"Para nos é todo un desafío e faremos todo o que esté da nosa man para conseguir que o 8 de xuño sexá un gran día de ciclismo!", comentou na súa páxina de Facebook o Club Ciclista Viveiro, organizador deste evento. 

O certamen estatal deste ano consta de nove probas puntuables. O calendario é o seguinte:

17-03 / Copa de España de Ciclismo Adaptado Tomelloso / Tomelloso (Ciudad Real)

06-04 / Copa de España de Ciclismo Adaptado Cuevas de Almanzora / Cuevas de Almanzora (Almería)

12-05 / Copa de España de Ciclismo Adaptado “Trofeo La Aparecida” / La Aparecida – Orihuela (Alicante)

08-06 / I Copa de España de Ciclismo Adaptado Concello de Viveiro / Viveiro (Lugo)

13-07 / Copa de España Ciclismo Adaptado “2º G.P. Ciudad de Badajoz” / Badajoz

21-09 / Memorial Eusebio González Ortuondo “Hierro” / Valle de Trápaga (Vizcaya)

5-10 / II Copa de España Adaptado – Gran Premio de Valencia / Cheste (Valencia)

19-10 / Copa de España Ciclismo Adaptado Bahía de Mazarrón / Mazarrón (Murcia)

20-10 / Copa España Ciclismo Adaptado Águilas / Águilas (Murcia)


Enlace con la noticia original: Viveiro acollerá unha proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019

Mas noticias relacionadas