
Publicado por: S.G.Pontevedra
Comezamos pouco a pouco a desvelarvos cousiñas desta edición da San Silvestre pontevedresa!! Deixámosvos o paso a paso:
- Coller UN KILO de alimento non perecedeiro POR CADA INSCRICIÓN que vaiades realizar porque a San Silvestre sempre ten ese carácter solidario e colaboramos, de novo, co Banco de Alimentos.
- Levade o voso DNI e unha foto (vale por whatsapp) das persoas que iredes anotar.
- Dirixirvos á tenda Miler (R/ Peregrina 6, soto), no seu horario comercial (10:30-13:30 e 17 a 20h), DENDE ESTE PRÓXIMO 30 DE NOVEMBRO.
- Recoller o voso dorsal e pensar se queredes unha das camisetas comemorativas que estarán á venda. Tamén agradecemos, como cada ano, os donativos á organización, pero non hai obriga.
- Continuar pendientes da web e das redes sociais para saber qué día mudamos o lugar de inscrición, o horario, a ubicación… E os detalles da carreira!!
Un dos primeiros segredos é que, como o ano pasado moitos quedástedes sen dorsal e nós non nos conformamos co récord dos 7000 do ano pasado, xa vos adiantamos que este ano temos máis dorsais para que ninguén quede fóra. Non vos confiedes e asegurade o voso canto antes!!
Contamos convosco para despedir de novo o ano e agardamos vervos a todos alí para dar comezo ó ano do centenario da Gimnástica todos xuntos!! Qué mellor que con deporte, festa, música, a xente que queredes… E… Un novo récord?

Enlace con la noticia original: Abrimos as inscricións da San Silvestre 2026!!

