Publicado por: F.G. Atletismo
Continúan as roldas de debate que a Federación Galega de Atletismo está levando a cabo polos distintos núcleos e zonas atléticas da nosa comunidade logo de que o pasado día 2 de outubro deran comezo en Pontevedra e que se desdenvolveran xa nas Delegacións de Santiago, O Barco e Ourense.
En concreto o vindeiro venres día 28 de novembro as 20.00 horas na sede da Delegación da FGA en Vigo, continuarán as roldas de información ó frente das cales estará o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, o Secretario Xeral e Director Técnico Carlos Castro, o Delegado da FGA en Vigo Miguel Martínez e o membro da Xunta Directiva da FGA Diego Paz.
O obxecto desta serie de xuntanzas, é a de explicar a todos os estamentos atléticos locais que desexen acudir, os distintos apartados do Plan Extratéxico 2019-2020 que contempla, entre outras, as actividades e programacións que se desenvolverán, o calendario de compiticións ou as novidades para esta tempada entre outros asuntos de interese.
O artigo Vigo recibe o “Foro de Debate” publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Vigo recibe o “Foro de Debate”