Publicado por: F.G. Ciclismo
A Federación Galega de Ciclismo (FGC) vén de pechar un convenio de colaboración coa Federación Madrileña de Ciclismo (FMC) para que todas as persoas interesadas poidan participar no Curso de Director Deportivo Nivel I que se impartirá online dende o 1 ao 13 de maio. Mediante este acordo, os alumnos e as alumnas que se inscriban aproveitarán o 50% de desconto que ofrece a Escuela de Entrenadores da FMC, organizadora desta actividade. O prazo para anotarse remata este xoves, 30 de abril.
O obxectivo é ofrecer, nun momento no que tanto a competición como o resto da actividade ciclista está parada, a posibilidade de adquirir as competencias para a dirección de equipos e clubs. Todo iso a través da plataforma GoToMeeting que garante a correcta impartición de contidos e a posibilidade de interactuar cos profesores.
Inscricións ao Curso de Director Deportivo nivel I online aquí: https://fmciclismo.com/index.php/inscripcionescursos/curso/158
Adxuntamos os horarios provisionais e a información do curso.
Enlace con la noticia original: Curso de Director Deportivo do Nivel I