Publicado por: Ourense Atletismo
O Club Deportivo Aurum coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e o patrocinio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, organiza o VII Trofeo Club Deportivo Aurum, que se celebrará o sábado 24 de marzo en xornada de tarde, na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense.
As inscricións realizaranse na intranet da RFEA ata as 20:00 h. do martes 20 de marzo. Os/as atletas deberán aportar a súa mellor marca para ser encadrados/as nas series.

Enlace con la noticia original: Próximas citas.