Publicado por: F.G. Atletismo
Unha vez rematada estos días festivos na que a frenética axenda atlética tomaría un certo respiro, comezamos unha nova e apretada axenda de campionatos e compiticións que arrincarán nesta segunda fin de semana do mes de abril.
Para comezar o día 07 e 08 desenvolverase nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia de Probas Combinadas que terá nas súas modalidades de clubs e máster ós seus protagonistas. Estas mesmas instalacións darán acollida o domingo outro importante evento que non será outro que o II Trofeo Escola de Marcha Atlética. Da mesma maneira o domingo, a capital galega será esciario da disputa do Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 km. ca presencia e participación dos mellores especialistas da distancia.
Xa en clave estatal teremos o Campionato de España de Fondo en Pista, Trofeo Ibérico cuia sede será a localidade portuguesa de Braga. Por último as distintas fases en pista do XOGADE, a IV Carreira Popular de Dous en Dous de Carballo, e o Control de Marcas que organiza a Delegación de O Barco de Valdeorras o vindeiro sábado, completarán estas interesantes xornadas
Todas estas novas serán ampliadas ó longo desta semana
O artigo A tregua dos festivos, dará un novo impulso ó calendario publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A tregua dos festivos, dará un novo impulso ó calendario