Publicado por: F.G. Atletismo
A Federación Galega de Atletismo e o Clube Atletismo Santiago organizarán, co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela, o Campionato de Galicia de Milla en Ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster, así como o Campionato de Galicia de 1 km en Ruta das categorías sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub-16 o vindeiro domingo 8 de abril.
Será a Praza de Galicia de Santiago de Compostela o punto de saída dos preto de 600 inscritos quenes tomarán parte nas distintas probas programadas a partir das 10.00 horas. Paralelamente tamén celebrarase a I Milla Urbana “Portas de Compostela”.
Entre os que figuran na relación de participantes (a día de hoxe) se atopa o campión absoluto do ano pasado na edición de O Pino Alberto Chaves quen defenderá título, tendo fronte él a Gonzalo Basconcelo do Celta, Iván Vales do C.A Santiago ou mesmo o lucense Iván Manso do Lugo Runing como riváis de consideración.
Na categoría feminina, a campioa da edición do ano pasado Leticia Fernández do ADAS non se atopaba na relación de inscritos (por hoxe) malia que sí estaba confirmada a participación da medalla de bronce de O Pino 2017, Ariana González do Trega.
O artigo A milla busca ós seus campións publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A milla busca ós seus campións