Publicado por: Ourense Atletismo
Excelentes resultados dos nosos atletas no Campionato de España Sub16 Short Truck en Valencia.
Alí estiveron tres atletas do Ourense Atletismo. Disputarian su o seu primeiro campionato nacional Ibrahim Adamou e Usúe Jares, deixando moi boas sensacións, e Manuel Eirín lograría o posto de finalista en peso no seu terceiro nacional.
Resultados dos nosos atletas:
– Manuel Eirín González 7º en peso con 13.05.
– Usúe Bernárdez Jares 10ª na súa serie de 1.000m con 3:14.58.
– Ibrahim Adamou 7º na súa serie de 1.000m con 2:47.48.
Marabillosa experiencia para os tres atletas que de seguro lles axudará a aficionarse máis ao atletismo, e sobre todo darlle a noraboa á Escola do Ourense Atletismo polo gran traballo que fan para que os nosos atletas cheguen alí.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XXXVII Campeonato de España Sub-16 Short Track
La entrada RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16