RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16

Publicado por: Ourense Atletismo

Excelentes resultados dos nosos atletas no Campionato de España Sub16 Short Truck en Valencia.

Alí estiveron tres atletas do Ourense Atletismo. Disputarian su o seu primeiro campionato nacional Ibrahim Adamou e Usúe Jares, deixando moi boas sensacións, e Manuel Eirín lograría o posto de finalista en peso no seu terceiro nacional.

Resultados dos nosos atletas:
Manuel Eirín González 7º en peso con 13.05.
Usúe Bernárdez Jares 10ª na súa serie de 1.000m con 3:14.58.
Ibrahim Adamou 7º na súa serie de 1.000m con 2:47.48.

Marabillosa experiencia para os tres atletas que de seguro lles axudará a aficionarse máis ao atletismo, e sobre todo darlle a noraboa á Escola do Ourense Atletismo polo gran traballo que fan para que os nosos atletas cheguen alí.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XXXVII Campeonato de España Sub-16 Short Track

La entrada RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16

Mas noticias relacionadas