Publicado por: Ourense Atletismo
O Ourense Atletismo logrou gañar o campionato galego de clubs sub20 e o subcampionato sub16 en categoría femina. Os homes quedaron terceiros en sub16 e sextos en sub20 nuns campionatos moi disputados.
As mulleres sub16 remataron en segunda posición con 217 puntos, a só catro puntos e medio do Atletismo Feminino Celta. Obtiveron tres primeiros postos, tres segundos e dous terceiros. As primeiras prazas foron logradas por Claudia Pérez nos 3.000 metros cun rexistro de 11:04.70, Usúe Bernárdez nos 1.500 con 5:32.69 e Paula Carrión en pértega con 3.11.
Os rapaces remontaron pola tarde e remataron en terceira posición con 128 puntos, a sete puntos do R.C. Celta e sacándolle únicamente tres puntos ao Sada que sería cuarto. Lograrían individualmente unha vitoria, catro segundos postos e tres terceiros. A vitoria foi lograda por Mario Casal en martelo (4kg) cun mellor lanzamento de 38.96.
Na categoría sub20 as mulleres gañaron con 196 puntos, sacándolle 30 ao A.F. Celta, evidenciando a fortaleza deste conxunto. Entre as primeiras prazas lograron sete vitorias, sete segundos postos e dous terceiros. As vitorias viñeron a cargo de Icía Ares nos 5.000 marcha con 26:12.18, Aitana Capeáns en disco con 40.29, Iria Solera en altura con 1.70, Sabela Castelo nos 3.000 con 9:37.38, Rebeca Fernández con 3.00 metros, o 4×100 con 50.76 e o 4×400 con 4:06.34.
Os homes remataron en sexta posición con 107 puntos, algo lonxe dos 142 cos que o C.A. Santiago ocupou a terceira praza, lastrado tamén pola descualificación no 4×100. Obtiveron individualmente dúas vitorias, tres segundos postos e un terceiro. As vitorias foron para Hugo Casañas en peso (6kg) con 16.46 metros e para Nicolás Collazo (atleta do filial Xuncas) nos 5.000 marcha con 22:26.54.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 16
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 20
La entrada TRES TROFEOS NOS GALEGOS SUB16 E SUB20 DE CLUBS apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: TRES TROFEOS NOS GALEGOS SUB16 E SUB20 DE CLUBS