Homenaxe e despedida a Mónica no partido fronte O Val

Publicado por: U.D. Ourense

A xogadora da UD Ourense, Mónica, recibirá unha homenaxe no partido deste próximo domingo fronte O Val. A ourensá desputará os últimos minutos da súa carreira futbolística tras 8 meses no dique seco.

Mónica despedirase do fútbol e da UD Ourense nos Remedios, este próximo domingo a partir das 16:00 horas. A capitana da sección feminina, e buque insignia do conxunto vermello nas últimas tempadas, volta os terreos de xogo tras 8 meses parada despois da súa gravísima lesión.

Mónica caía lesionada no encontro ligueiro en Os Remedios fronte o Tordoia, tras recibir unha durísima entrada dunha rival. As probas médicas certificaron a rotura do ligamento cruzado, o que levou a xogadora a quirófano e impediulle a práctica do fútbol durante toda a tempada. Moni levaba xa varias lesións da mesma índole polo que esto levoulle a dura decisión de ter que deixar o mundo do fútbol.

O técnico da UD Ourense daralle os últimos minutos a Mónica este domingo fronte O Val, no último encontro do conxunto feminino en Os Remedios. A capitana terá a oportunidade de despedirse do mundo do fútbol coa camisola vermella, diante da súa afección e acompañada das súas compañeiras nos últimos anos. Por elo facemos un chamamento a afección vermella para que acuda o domingo as 16:00 horas Os Remedios a despedir a unha lenda do ourensanismo.

Mónica tamén dará unha rolda de prensa a próxima semana na que se despedirá do clube e comparecerá ante os medios.

La entrada Homenaxe e despedida a Mónica no partido fronte O Val se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Homenaxe e despedida a Mónica no partido fronte O Val

Mas noticias relacionadas