O Senior desmelenouse en ataque (8-0)

Publicado por: Pabellon C.F.

Á media hora de partido o equipo xa anotara tres goles cos que se chegaría ao final dunha primeira metade na que os visitantes quedaron con dez pola expulsión dun xogaron no último minuto e cun claro dominio local.

O arranque do segundo tempo deixaría un novo tanto e a insistencia en ataque que exerceron os pabellonistas trouxo tres dianas máis para pechar o marcador. Ver ficha técnica.

Despois desta vitoria o equipo comparte a segunda praza co CD Cea, ambos con 32 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada visitan ao CD Vilar de Barrio no campo de A Corga.


Enlace con la noticia original: O Senior desmelenouse en ataque (8-0)

Mas noticias relacionadas