Publicado por: Ourense Atletismo
Seis medallas foi o botín do Ourense Atletismo no Campioanto Galego Sub16 celebrado no Barco de Valdeorras. A vila do Sil acolleu un campionato con importante presenza ourensanista. A dificultade de competir en series máis fragmentadas por ser a pista de seis estaxes non impediu as actuacións destacas dos nosos atletas.
En posto de medallista remataron:
Daniel Armada foi bronce nos 300 valos cunha marca de 45.58.
Mario Casal logrou o bronce en disco (1kg) con 38.10 e en martelo (4kg) con 38.18.
Claudia Pérez venceu nos 3.000 metros lisos cun rexistro de 11:14.19.
Usúe Bernárdez foi prata nos 1.500 con 5:33.22.
Naia Bermejo en pértega foi prata con 2.51.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XXXVII CTO. XUNTA DE GALICIA SUB 16
La entrada SEIS MEDALLAS NO GALEGO SUB16 apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: SEIS MEDALLAS NO GALEGO SUB16