O atletismo protagonista nos Premios Deporte Galego 2018

Publicado por: F.G. Atletismo

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 que se entregarán o vindeiro día 28 de novembro no Auditorio Municipal de Lalín.

Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2018, e distinguen nesta ocasión a 22 premiados nas 18 categorías.

Entre eles figuran nada un total de catro atletas galegas/os onde o premio á mellor deportista feminina corresponde a Ana Peleteiro polos méritos contraídos durante o ano 2018.

A lista de atletas galardoadas/os sigue cas distincións tanto para Susana Rodríguez como para  Fran Pérez como mellores atletas con diversidade, continuando por último ca distinción a Martín Liste no apartado de xogo limpo.

A todos e todas eles/as moitas felicidades

Relación de premiadas/os

O artigo O atletismo protagonista nos Premios Deporte Galego 2018 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O atletismo protagonista nos Premios Deporte Galego 2018

Mas noticias relacionadas