23 pasaportes para o noso atletismo

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de 23 atletas galegas/os (15 mulleres e 8 homes) son os que durante este tempada acadaron algunha internacionalidade nas distintas categorías e nos distintos eventos internacionais desenvoltos.

O maior éxito acadado sería o de Ana Peleteiro quen conseguiu en marzo o título de Campioa de Europa de pista cuberta no triplo salto cun rexistro de 14.73 m. que representaría ademáis un novo rècord de España absoluto deste especialidade.

Na categoría masculina o protagonista foi Adri Ben, logrando nos mundiais de Doha nada menos que un posto de finalista nos 800 m. logo de rachar a barreira dos 1:45 e deixar o tope autonómico nuns impresionantes 1:44.97.

A maiores debutarían neste selecto grupo de internacioanis a lucense Sara López quen tomaría parte en Italia no mes de maio nun Encontro Internacional de ruta na proba dos 5 km. e o coruñés Elian Numa López que o faría no mes de  xullo en Suecia no Campionato de Europa Sub20 sobre a proba dos 800 metros.

A Copa Ibérica Sub18 Go Fit desenvolta en Madrid a finais de xuño, serviu como importante evento para que nada menos que catro atletas galegas/os estrearan internacionalidade:  Nerea Iglesias e Erik Fernández nos 100 m. e no 4×100 ; David Ngwudile nos 400 valos e Antía Sestelo en xavelina, atleta esta última quen ademáis gañaría o concurso con 44.85 m.

Mención especial ten Ester Navarrete que volvería nove anos despois, a unha convocatoria internacional ca súa inclusión, xunto a Carmela Cardama, da Copa de Europa dos 10.000 m. desenvolta a principios de xullo en Londres.

Toda esta diversidade é reflexo, en parte, da gran transformación que sufriu o noso deporte nos últimos lustros e que fixo posible que especialidades como os saltos, a velocidade, o medio fondo, os valos e os relevos, sumáranse ás sempre presentes modalidades de campo a través, fondo, marcha e lanzamentos verdadeiras señas de identidade do atletismo galego.

Os nosos atletas tamen destacan en diversidade funcional.

Non queremos deixar pas por alto a notoria presenza de atletas galegos e galegas nas principais compiticións internacionais de diversidade que están a desenvolverse ó longo e ancho de todo o mundo. Recentemente víamos a Alex Montero tomando parte nos INAS Global Games, ou Adi Iglesias quen dominaría a velocidade galega absoluta durante este ano, malia as súas limitacións visuais. Fran Pérez outro dos destacados, lograría nada menos que un total de seis medallas nos Mundiais da FEDDI na tempada pasada, convertíndose no protagonista de tan importante cita. Non nos esquecemos de Susana Rodríguez quen compaxina o paratriatlon co atletismo e menos ainda dos nosos olímpicos Maxi Rodríguez e Gustavo Nieves auténticos referentes do noso deporte.

O artigo 23 pasaportes para o noso atletismo publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: 23 pasaportes para o noso atletismo

Mas noticias relacionadas