Hugo García , Paula de la Torre e Blanca Armenteros no listado da Selección Galega do Campeonato de España de Campo a Través por Autonomías

Publicado por: S.G.Pontevedra

A Federación Galega de Atletismo  ven de publicar o listado dos atletas  convocados para representar a Galicia no  CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS POR
AUTONOMÍAS EN EDAD  ESCOLAR (CADETE E XUVENIL) que se vai celebrar en San Pedro del Pinatar (Murcia) o vindeiro  4 de marzo de 2018, no que atopamos tres atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Neste listado aparece Hugo García Souto atleta sub 16 (cadete) campión galego  de cross cadete xogade   e campión galego de cross cadete federado que xa formou parte da selección  galega cadete de cross o pasado ano.  No listado da selección galega xuvenil (sub18) mulleres están Paula de la Torre como subcampiona do campeonato galego de cross xuvenil , que o pasado ano xa formara parte da selección galega cadete que acadaría o bronce  , e Blanca Armenteros como terceira clasificada no campeonato galego xuvenil de cross e que este ano é a súa primerira convocatoria.

 

Parabéns ós tres e ós seus adestradores Víctor Riobó ( Paula de la Torre) e Pablo Díaz ( Hugo García e Blanca Armenteros)

 

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2018/02/Circular-20-2018.pdf

 

 

Paula de la Torre y Blanca Armenteros 

 

 

La entrada Hugo García , Paula de la Torre e Blanca Armenteros no listado da Selección Galega do Campeonato de España de Campo a Través por Autonomías aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Hugo García , Paula de la Torre e Blanca Armenteros no listado da Selección Galega do Campeonato de España de Campo a Través por Autonomías

Mas noticias relacionadas