Publicado por: Lucus Atletismo

Un ano máis, desde o Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, coa colaboración da Deputación e o Concello de Lugo, continuamos co labor de achegar o deporte ao centro da cidade co «V SALTAR NA RÚA» e a «II MILLA URBANA» para despedir o San Froilán. Será o sábado 11 de outubro de 2025 en xornada de mañá, na Praza Horta do Seminario (Avda. Ramón Ferreiro) en Lugo.
A partir das 12:00 horas – «V SALTAR NA RÚA»
Experimenta un auténtico foso de area no centro de Lugo, onde atletas do Club que compiten a nivel galego e nacional farán unha exhibición da súa especialidade. A continuación, todos os menores que o desexen poderán participar e vivir a experiencia en primeira persoa.
> Inscrición gratuíta en CCNorte: accede aquí
> Atletas ata SUB18 (ano de nacemento 2008 e posteriores)
A partir das 12:30 horas – «II MILLA URBANA CLUB ATLETISMO LUCUS»
Con carreiras para todas as idades (atletas federados ou sen licenza), unha Milla POPULAR con inscrición aberta e unha Milla ELITE con atletas referentes do atletismo que compiten no máis alto nivel.
> Inscrición aberta en CCNorte: accede aquí
> Atletas de SUB8 a MÁSTER
> Inscrición reducida ata o martes 7 de outubro ás 23:59 horas
INSCRICIÓN ATLETAS CLUB: a inscrición para atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA é de 1€ en todas as categorías. |
Se as edicións anteriores quedaches con ganas de participar… este ano, máis que nunca, A ACTIVIDADE É PARA VÓS!
LEMBRA …




Máis información no regulamento da proba.
AGARDÁMOSVOS!
Este ano é para ti.
INSCRÍBETE
e participa!
Enlace con la noticia original: PARTICIPA NUNHA NOVA EDICIÓN DO «SALTAR NA RÚA» E A MILLA URBANA LUCUS EN LUGO – 11 OUTUBRO 2025