Completadas as prazas do 10km do Gran Fondo Caixabank

Publicado por: S.G.Pontevedra

A falta de dous días para que peche o período de inscrición, conseguíronse encher as prazas da proba dos 10km. Xa están completas os 600 ocos ofertados.

E na distancia do medio maratón quedan poucos ocos por cubrir. Polo de agora, hai máis de 1130 participantes e, polo tanto, so hai 60 prazas dispoñibles.

Estas inscricións, sumados os máis de 120 anotados nas carreiras de menores, eleva a cifra de participantes no Gran Fondo Caixabank ata os máis de 1800.

Aberto o prazo de recollida de dorsais

Antes de que remate o período de inscricións, xa abre o prazo para a recollida de dorsais. A partir do 10 de outubro e ata o día 18, so os que se anotaron nos primeiro e segundo prazo poden empezar a coller o seu dorsal. Será nas tendas oficiais que marcaron no momento de realizar a inscrición.

Para o resto dos participantes, poderán coller o seu número de identificación a partir do día 15 na tenda Miler Vintage Running Club (rúa Peregrina, 6, soto, Pontevedra); ou o día da carreira se es un deportistas de fóra de Pontevedra. Nesta última opción, a localización para retiralos é na Pavillón Universitario de Pontevedra.

A carreira

Lembramos que o Gran Fondo Caixabank celebrarase o próximo 19 de outubro a partir das 10h da mañá. Primeiro correrán os máis pequenos para culminar o evento ás 11:00h coa carreira do medio maratón

O próximo venres 17 de outubro ás 20:30h terá lugar a tradicional quedada para dar unha volta ao percorrido. É de acceso libre e sairá de diante da porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asumible co obxectivo de dar a coñecer todo o percorrido. Os interesados terán que acudir con prendas de cores rechamantes.


Enlace con la noticia original: Completadas as prazas do 10km do Gran Fondo Caixabank

Mas noticias relacionadas