Celta e Ourense Atletismo domiñan o galego de combinadas

Publicado por: F.G. Atletismo

O Ourense Atletismo en mulleres con 9.595 puntos e Celta Atletismo en homes con  12.002 puntos, proclamaronse campións galegos de clubs na modalidade de combinadas na edición baixo teito que se estivo desenvolvendo esta fin de semana en Expourense.

O triunfo do Celta que revalidaba título, cimentouse na boa actuación de Xoel Otero, quen ante a ausencia de Adolfo Sainz nesta edición, lideraba o triunfo celeste cunha suma parcial de 4.971 p. Xunto a Xoel formaron equipo Joel Santana, e Adrián Vila. Por parte do Ourense Atletismo, era Andrea Reija a mellor do equipo local logo de conseguir  3.806 p. que sumaba aos acadados por Iria Solera e Rocío Marín.  Con esta actuación por equipos, as de ourense escalan do cuarto posto do ano pasado ao título presente.

Xunto aos equipos gañadores, ocuparon postos de podio o Xuncas Diversia con 11.951 puntos e Gimnástica de Pontevedra con 11367 p. na categoría masculina e Celta Atletismo  con 9.131 p. e Atletismo Sada con 8.448 puntos na feminina

Resultados

 

 

O artigo Celta e Ourense Atletismo domiñan o galego de combinadas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Celta e Ourense Atletismo domiñan o galego de combinadas

Mas noticias relacionadas