
Publicado por: F.G. Atletismo
O Samertolameu na categoría feminina e o Club Atletismo Sada na masculina, proclamaronse esta fin de semana campións do Torneo de Copa de clubs máster desenvolto na pista curta de Expourense.
O triunfo das atletas do Samertolameu cimentouse nos triunfos parciais das súas fondistas Teresa Suárez e Silvia García nos 1.500 e nos 3.000 m. respectivamente. Xuntos elas tamén lograban a primeira posición nas súas probas Sara Prieto nos 60 valos así como no equipo de remudas 4×200. Este triunfo devolve o título ao conxunto do Samer, logo de sumar 47 puntos e quedar por diante das gañadoras do ano pasado C.A.Sada con 43 p. e do CD La Purísima con 42 puntos.
Pola súa banda, o Atletismo Sada revalidaba o seu título en homes grazas á suma de 87 puntos que lle permitiron quedar por diante da Sociedad Gimnástica (70 puntos) e do Samertolameu (68 puntos). Os trinfos individuais dos sadendes foron de David López nos valos e de Dani Giménez na lonxitude. Con este título os sadenses suman un total de catro anos consecutivos proclamandose campións de Copa.
Atletismo Sada e Samertolameu, os máis coperos
Tanto Atletismo Sada con sete copas en ambas categorías como o Atletismo Samertolameu con cinco na categoría feminina, son os claros domiñadores desta edición que nacía no ano 2018 e que tan só o COVID no ano 2021 impediu que se desenvolvera.
Ademáis dos equipos citados, tamén suman títulos no palmarés masculino o ADAS Cupa no ano 2018, Marineda Atlético no 2019, Atletismo Santiago no 2020 e o Atletismo Narón no 2021

O artigo Sada e Samer, repártense as copas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Sada e Samer, repártense as copas
