SANYSEC – CLUB OURENSE ATLETISMO REVALIDA TÍTULO GALEGO

Publicado por: Ourense Atletismo

Sanysec – Club Ourense Atletismo revalidou o título de Campión Galego en pista curta e e logou a sétima praza en homes.

É o terceiro título consecutivo do equipo feminino no Campionato Galego de Pista Curta. Desta vez 89 puntos, sacando bastante vantaxe á S.G. Pontevedra¡ (78) e ao At. Feminino Celta (66). Primeiros postos en mulleres foron para Iria Solera en altura con 1.71, Andrea Reija en valos con 8.66, Irma Veiguela nos 800 con 2:15.87, Manuela Blanco en pértega con 3.75, e Alba Martínez en tripo con 12.05. Segunda posición obtiveron Aitana Capeáns en peso con 12.78, Aroa Muñoz nos 400 con 57.58, Begoña Domínguez nos 3.000 con 10:31.78 e o relevo 4×400 formado por Andrea ReijaIria SoleraCarolina MartínezAroa Muñoz. Terceira posición obtiveron Nayeli Iglesias nos 60 lisos con 7.81 e Leyla Villar nos 1.500 con 4:41.72.

Os homes partían na sétima posición por estadillos e foi a posición que obtiveron, malia incorporación a última hora do Club Atletismo Narón que provocou un anómalo campionato con 9 clubs participantes. O posto foi tremendamente disputado, xa que cos 46 puntos obtidos remataron a dous do sexto posto ocupado polo CA Santiago e lle sacaron dou ao oitavo e noveno postos ocupados polo Marineda e o Sada respectivamente.

Sen ninguén que obtivese os 9 puntos da primeira praza, ocupou a segunda posición individual Miguel Carbajales en pértega con 4.41. Destacar tamén os quintos postos de Mario Lorenzo nos 3.000 con 8:47.53 e o de Raúl Gude na lonxitude con 6.50, así coma o relevo 4×400 con Javier TrilloJoel AbesoGabriel PargaIago Saco.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XXI COPA XUNTA DE GALICIA DE CLUBS EN PC

La entrada SANYSEC – CLUB OURENSE ATLETISMO REVALIDA TÍTULO GALEGO apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: SANYSEC – CLUB OURENSE ATLETISMO REVALIDA TÍTULO GALEGO

Mas noticias relacionadas