MARIO CASAL PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO DE DISCO

Publicado por: Ourense Atletismo

Mario Casal tivo a actuación máis destacada do Sanysec – Club Ourense Atletismo no Campionato Galego de Lanzamentos Longos Sub16 ao gañar o lanzamento de disco sub16 cun mellor lanzamento de 41.30. O atleta consegui o seu mellor lanzamento no último intento, ainda que todos os seus lanzamentos válidos foron o suficientemente longos para gañar o campionato.

No lanzamento de martelo de 4kg tivemos dobre actuación: Mario Casal obtivo a medalla de bronce cun mellor intento de 44.96, mentres que Mauro Gómez foi o sexto con 22.84.

A participación feminina correu a cargo de Sara Vázquez, quen ocupou a cuarta posición na xavelina con 32.45 metros.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16

La entrada MARIO CASAL PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO DE DISCO apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: MARIO CASAL PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO DE DISCO

Mas noticias relacionadas