XLIX Trofeo Virxe Peregrina – Última xornada Circuito Froiz 2025

Publicado por: S.G.Pontevedra

Chegou o día. Este venres 18 de xullo a Gimnástica pechou a edición 2025 do Circuito Froiz de Atletismo en Pista, cunha xornada de atletismo onde se puxeron a proba numerosos atletas de distintos equipos.

Os máis pequenos disputaron a distancia de 500 metros lisos, pero moitos dos gimnásticos fixeron doblete en pértega e lonxitude, ou no 1500 e no 400 metros lisos. A xornada foi moi fructífera para quen tiña como obxectivo mellorar a súa marca pesoal, como pudo conseguir o gimnástico Sergio Lamas . Moitos tamén aproveitaron para probarse en disciplinas e distancias que non son as súas habituais, como é o caso de Jovi Artime ou de Guille Piñeiro que, sendo normalmente corredores de valos, esta vez probaron sorte no salto de lonxitude. Na parte de lanzamentos, celebrouse nesta xornada o lanzamento de disco ou de xavelina de distintos pesos e categorías, onde destacaron Cristina Martínez, que conseguiu unha nova mellor marca persoal no lanzamento de disco de e00 gramos ou Banesa Currás, que tamén mellorou a súa marca na disciplina.

Esta edición do Circuito será recordado por moitos motivos, pero especialmente pola marca persoal conseguida polo ximnástico Pedro Osorio hai unhas semanas e que o achegaba á mínima para poder estar na terna para formar parte da Selección Española no Mundial de Tokio. Tamén fumos testigos, durante este circuito, da consecución, por parte de moitos dos nosos atletas das mínimas que lles daban acceso ós Campionatos de España das súas respectivas categorías, onde fixeron un grande papel representando ó club.

Sen dúbida, unha edición máis onde queda patente o traballo realizado polos atletas, así como os seus familiares, sempre na grada apoiando e facilitándolles a práctica do atletismo, e dos entrenadores e persoal do club, dando todos eles o mellor de sí mesmos para a mellora de cada un dos aspectos do deporte.

Pechamos así unha nova edición do Circuito Froiz de Atletismo en Pista dando as gracias a Froiz, polo seu patrocinio e ó Concello de Pontevedra polo apoio prestado unha vez máis, así como ás personalidades que se foron achegando a algunhas das xornadas.

Vémonos o ano que vén, pero xa vos avisamos que o 23 de agosto tedes unha nova cita co atletismo na exhibición do Saltar na Rúa 2025! Estade atentos!!


Enlace con la noticia original: XLIX Trofeo Virxe Peregrina – Última xornada Circuito Froiz 2025

Mas noticias relacionadas