Moita emoción e igualdade no absoluto de Expourense

Publicado por: F.G. Atletismo

Este sábado celebrouse nas pistas de Expourense un novo campionato Xunta de Galicia de pista curta absoluto na que malia as importantes ausencias, poideronse ver varias e interesantes actuacións.

Nas probas de velocidade debut como campión galego abaoluto da xoven promesa da velocidade galega Aaron Pérez do ADAS CUPA quen logarba impoñerse na final dos 60 m. con 6.89. Na categoría feminina a foto finish tivo que ser axustada ata as milésimas para determinar o triunfo final de Paula Conde do Lucus fronte a Cristina Garrido da Gimnástica, ambas con 7.64. Dase a casualidade de que o ano pasado sucedía exacatamente o mesmo pero cun crono de 7.74.

O subcampión de Europa máster Sergio Rodríguez da Gimnástica, comeza este 2026 igual de ben que remataba o 2025. Desca ocasión lograba o título de campión galego cun crono de 21.97. Pola súa banda gran campionato  de Inés Oitavén do Ría Ferrol quen lograba os títulos tanto nos 200 m. cunha  MMP de 24.70, e que ademáis sitúanna como líder do ranking galego anual, como dos 400 m. con 55.06. Na categoría masculina, unha emerxete nova xeración de catrocentistas comeza a despuntar, encabezada por Lucas Vázquez do Barbanza quen lograba o campionato con 48.56 por diante de Iago López do Riazor Coruña que tamén era outro dos que lograba baixar dos corentaenove con 48.83.

A decisión de Eugenia Gil da Gimnástica na súa aposta polos 800 m. fai unhas tempadas, tiveron o seu premio esta fin de semana ao proclamarse campioa galega con 2:12.53. Na categoría masculina, reaparición do internacional Elian Numa do V. Foods quen remataba segundo con 1:49.03 por detrás do campión galego Anxo Lado do At. Narón con 1.48.91 (MMP).

David de la Fuente do Playas de Castellón converteuse, como xa fixera o ano pasado,  no domiñador do fondo galego ao lograr os títulos tanto nos 1.500 m. con 3:48.44 como nos 3.000 m. con 8:06.13. Sobre esta última distancia Alex Sierpes e Iker Fernández copaban o resto de postos de podio logrado ambos MMP. Hugo García reaparecía logo da súa lesion na proba dos 1.500 rematando terceiro por detrás de Pablo Bocelo do V. Foods. Na categoría feminina a gañadora galega dos 1.500 m. foi a subcampioa Sub23 de campo a través, Sara Guedes da At. Lucense quen remataba en 4:40.75 repetindo o título do ano pasado.

Os 3.000 m. femininos contaban ca presenza das internacionais Sub20 Demeku e Debris Paniagua quenes remataban na segunda e terceira posición con 9:38.44 e 9:39.10 ambas MMP nunha distancia na que o título de campia galega foi para Inés do Campo do ADAs CUPA con 9:24.18

Nos valos, claro domiño da plusmarquista galega Uxía Pereira quen remataba en 8.78 polos 8.19 de Jaime Reverter do Celta At. quen suma o seu primeiro título galego absoluto.

O concurso de altura non deixaba cambios na composición dos gañadores do ano pasado. A subcampioa de España Iria Solera do Sanysec-Ourense fixo bos os seus 1.70 m. e Adrián Pastoriza da Gimnástica, foi o único saltador en chegar a barreira dos dous metros nesta edición.

Na lonxitude boa actuación de Olaia Guisela Becerril quen marchaba ata os 6.18 m. deixando moi boas sensacións de cara ao que pode ser un gran ano para ela. Na categoría masculina tampouco tivo problemas Sergio Coello da Gimnástica que quedaba a cinco centímetros da súa MMT con 7.43 m.

Nun emocioante concurso de triplo masculino, Diego Míguez da Gimnástica con 14.84 m. lograba por tan só un centímetro reter o seu título e impoñerse ao campión de España sub16 do ano pasado Bruno Castro do Coruña Comarca. Máis doado tivoo a subcampioa galega do ano pasado Alba Martínez do Saysec-Ourense a cal, con tan só dous saltos, marchaba ata os 12.09 m.

A medallista de España Sub23 ourensán, Manuela Blanco chegaba sin complicacións ata os 3.80 m. en pértega polos 4.76 m. de Miguel Carbajales do Sanysec-Ourense quen nunha boa actuación, escala do quinto posto do ano pasado ao máis alto deste logrando ademáis unha MMP.

Por último sen sorpresas no círculo de peso onde Miguel Angel Granados do Celta, sumaba un novo título galego absoluto con 15.23 m. ao igual que a internacional Xiana Lago do Ría Ferrol lanzando ata os 13.52 m.

Campionato galego de Probas combinadas

Tamén esta fin de semana se estivo levando a cabo o Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas que deixaban a Aitor Fernández do Super Amara Bat con 4867 puntos e a Martina Gutiérrez do Celta At. con  3120 puntos, como os novos campións galegos absolutos desta modalidade en pista curta 2026.

Resultados

O artigo Moita emoción e igualdade no absoluto de Expourense publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Moita emoción e igualdade no absoluto de Expourense

Mas noticias relacionadas