O trail running preclassicc, pasa por Ames esta fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

O Concello de Ames organiza este domingo 8 de marzo a partires das 10.25 horas o Campionato Xunta de Galicia de trail running preclasssic para as categorías Sub16, Sub18 e Sub20.

A proba que se organiza conxuntamente co Trail e andaina Ribeiras do Tambre, terá a súa saída na praia fluvial de Tapia e transcurrirá por un circuito de 8 Km. á que se terán que enfrontar os vintedous atletas inscritos.

Entre eles e elas destaca a presenza da atleta internacional da Atlética Lucense Sandra González quen ven de batir recentemente o récord de España da media maratón e que parte como clara favorita ao título Sub20. Na mesma categoría, a campioa e subcampioa galega do 2025 Sub18 Eva Formoso do Triki Team e Aiala García do At.+9 Moraña medirán forzas novamente nun interesante man a man, na procura dun posto no podio.

Continuando ca participación destacada, os campións galegos Sub16 Pablo Barreiro do Pinarium e Lucía Taboada do SD Compostela (este ano Sub18) xunto aos tamén medallistas 2025 Helia García do Ría de Foz e Diego Ferreira do SD Compostela centrarán a atención durante o transcurso da proba.

Máis información

O artigo O trail running preclassicc, pasa por Ames esta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O trail running preclassicc, pasa por Ames esta fin de semana

Mas noticias relacionadas