MARIO CASAL SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA

Publicado por: Ourense Atletismo

Fantásticos resultados do Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato de España Sub16 de Pista Curta. Destacar a medalla de prata de Mario Casal como mellor resultado a nivel individual. Participaron tamén Naia Bermejo, Lucía Quitnas Ángel Araújo.

Mario Casal rematou na segunda posición facendo marca persoal con 14.72 metros. Realizouna no segundo intento, sendo o primeiro e terceiro lanzamentos nulos e levando o peso aos 13.97 no cuarto intento, aos 13.53 no quinto e a 14.09 no sexto e derradeiro.

Naia Bermejo no salto con pértega rematou na 12ª posición ao superar o 2.66 á primeira. Non puido coa seguinte altura, 2.86.

Ángel Araújo obtivo no salto de altura a 13ª posición cunha marca de 1.68. Superou á segunda tentativa a altura inicial de 1.64 e á primeira o 1.68 que finalmente quedou coma marca do campionato ao facer os tres nulos sobre 1.72.

Lucía Quintas quedou na 15ª posición na altura con 1.49. Bateu á primeira tentativa o 1.44 inicial, ao igual que o 1.49, sen ser capaz de sobrepasar a seguinte altura, 1.53.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Short Track sub-16

La entrada MARIO CASAL SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: MARIO CASAL SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA

Mas noticias relacionadas