Publicado por: F.G. Atletismo
Fantástica edición deportiva e organizativa a vivida durante esta fin de semana en Caldas de Reis durante a disputa do Campionato de España de Trail Running.
A proba, que daba comezo ás 8:30 sobre un percorrido de 43,2 Km. e cun desnivel de 2350 m., arrincaba na Praza do Camiño Portugués de Caldas de Reis para articularse en tres grandes bloques moi distintos entre si. Primeiro, unha subida esixente cara ao Monte Xiabre, 642 metros, con paso polo Miradoiro de Xiabre, teito da xornada no quilómetro 8. Despois, un tramo máis rápido que conduciu cara á Fervenza de Segade e o descenso co espectacular cruzamento do río Follente. E por último, unha longa secuencia de tobogáns e terreo irregular no Monte de Santa María, moi castigador, nun trazado que obrigou a xestionar con intelixencia o esforzo, a técnica e as forzas durante moitas horas.
Grandes resultados para o TR galego
O campionato que xuntaba aos mellores especialistas de España en ambas categorías deixaba un gran balance para o atletismo galego que acadaba nada menos que dazasete medallas entre as que destacan os dous subcampionatos de España absolutos logrados por María Martínez do At. Porriño na categoría feminina e Alexandre Otero do club Montaña Vértice na categoría masculina.
A maiores o resto de galegas e galegos lograban as seguintes medallas:
- Absoluta. 2ª María Martínez (At. Porriño) 4h.50:17
- Absoluto. 2ª Alexandre Otero (Montaña Vertice) 3h.37:53
- Sub23. 1º Sergio Bouza (AC Castelos TR) 5h.15:20
- F35. 1ª María Martínez (At. Porriño) 4h.50:17
- F40. 2ª Mª Rosario Figueroa (CD Biosbardo) 5h.27.19
- F40. 3ª Rosa María Araujo (Running Sport) 5h.36.23
- F45.1ª Beatríz Barroso (At. Noia)5h.12.36
- F55. 1ª Raquel Estévez (CD PInarium) 6h.44:00
- M35. 2º Diego Míguez (AD CAR) 4h.07.50
- M35. 3º Fabián Amado (SD Compostela) 4h.14:26
- M40. 2º Marcos Antonio Pascual (CastroTrail) 4h.28.26
- M45. 1º Dario Arias (Fisioter.San Lázaro) 4h.26:27 /3
- M45. 3º Victor Maneiro (Montaña Vértice) 4h.39:15
- M50. 1º Federico Losada (Castro Trail) 4h.09:34
- M55. 2º Emilio Montilla (CD Biosbardo)4:52.09
- M55. 3º Jose Manuel González (SD Barbatia) 5h.12:11
- M60. 2º Juan Rivas (At. Cambados) 5h.40:24
O artigo Éxito participativo e deportivo do Campionato de España de TR publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Éxito participativo e deportivo do Campionato de España de TR
