
Publicado por: Ourense Atletismo
O Sanysec – Ourense Atletismo conseguiu o segundo ascenso consecutivo ao gañar a Primeira División da Primeira División da Liga Iberdrola ou Campionato de España de Clubs. Será a terceira vez que o equipo feminino compita en División de Honra despois das tempadas 2007-2008 e 2009-2010
O encontro celebrouse en Pamplona entre o Sanysec – Club Ourense Atletismo, a AD Sprint de Madrid, o Oviedo Atletismo, o CA Safor-Teika, o Lleida UA, o Atletismo Alcorcón, o DELSUR Coop La Palma e a SG Pontevedra.
A competición resultou igualadísima ata o último intre e todo se decidiu nas dúas probas finais de relevos, decisivas para a clasificación definitiva. O Sanysec – Ourense Atletismo, que dominou a táboa durante toda a mañán desde a primera proba, certificou o ascenso xunto ás madrileñas.
O inicio na primeira posición logrouse coa vitoria de Blanca Pereira en martelo grazas a un lanzamento de 61.15 m. A partir de ahí foron chegando máis triunfos, ata un total de sete, por este orden: Manuela Blanco en pértega (3.88 m), Sabela Castelo en 3000 m (9:48.50), Iria Solera en altura (1.76 m), a venezolana Andrea Michelle Purica en 100 m (11.63), Aitana Capeáns en peso (14.03 m, MP) e a colombiana Yiset Magali Jiménez en xabelina (58.18 m). Con esa sólida base, o conxunto ourensán defendeu a súa privilexiada posición nos relevos finais, onde logrou un valioso 5.º posto no 4×100 m e un 8.º posto no 4×400 m, suficientes para asegurar o título e o ascenso.
O MVA á mellor marca da competición por táboa internacional de puntuación de World Athletics recaeu na velocista Michelle Purica Guevara (100 m), del Sanysec Club Ourense Atletismo, grazas aos seus 11.64, rexistro valorado en 1066 puntos.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campeonato de España Clubes Primera División Liga Iberdrola – Final Titulo Mujer
La entrada TÍTULO E ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: TÍTULO E ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA


