Publicado por: S.G.Pontevedra
A previsión daba lugar a algo de esperanza e agardábamos unha tarde nublada, perfecta para unha exhibición como a que nos esperaba. Finalmente non houbo sorte e a edición de aniversario do Saltar na Rúa foi baixo a chuvia.
Malia as inclemencias do tempo, todos os atletas convocados fixeron gala da súa profesionalidade para dar o mellor dos espectáculos que, se ben frustrou algún intento, fixeron as delicias de todos os que desafiaron á chuvia e viñeron compartir con nós unha tarde de atletismo. Axudou tamén a paixón do noso comentarista, Juan Carlos Higuero, que coa súa característica voz axudou a achegar a moitos curiosos para animar coas palmas a todos os atletas.
Sen dúbida, unha edición do Saltar na Rúa diferente, máis difícil do habitual, pero coa mesma ilusión e paixón polo atletismo que sempre. Dende o club queremos agradecer ós atletas polo esforzo, a Higuero pola paixón e profesionalidade e a todos os voluntarios do club que unha vez máis fixeron equipo dando o mellor.
E ollo, porque chova ou non… O ano que vén voltamos co Saltar na Rúa en plena celebración do centenario… Quedades avisados, que a bo entendedor…
Grazas a todos!!
Enlace con la noticia original: X Saltar na Rúa ben pasado por auga
