Sub20 de prata e bronce ·2026·

Publicado por: S.G.Pontevedra

A Gimnástica segue coa racha de podios nos Campionatos Galegos. Este pasado sábado foi o turno dos equipos sub20, e non foi posible un resultado mellor.

O equipo masculino foi o primeiro en subir ó segundo chanzo do podio para recoller o seu merecidísimo título de Subcampións galegos tras actuacións tan salientables como as de Eloy Acuña no lanzamento de disco, que foi o mellor, igual que Lucas Pena no 3000 obstáculos. Tamén foi o mellor, esta vez no salto de altura, Gael Couñago que, non contento con eso, foi cuarto no salto de lonxitude. Guille Piñeiro foi segundo na súa proba estrela, o 110 metros valados, conseguindo unha mellor marca, con 14.88 segundos, aínda arrastrando un catarro que non lle deixou dar o máximo. Foi o mesmo posto conseguido por Diego José Huerta no 3000 metros lisos. José Ángel Abraldes fixo o propio no 1500 e tamén Pablo Ruiz no 400.

Entre todos conseguiron sumar os 88 puntos totais para acadar este bo resultado.

Pola súa parte, o equipo feminino fíxose co bronce autonómico tras sumar 89 puntos que viñeron, entre outros, do primeiro posto acadado por Marina Artemia López no triplo salto, que ademais foi segunda no salto con pértiga. Gema Dacosta repetiu primeiro posto no lanzamento de disco, como Carmen Paz no 400 metros lisos ou Aroa Barbeito, no 3000 obstáculos. Outra habitual dos primeiros postos, Sabela Peón, cumpriu coas expectativas no 800, como tamén fixo Paula Dios no 200.

Tamén foron os máis rápidos os equipos da remudas. O 4×100 formado por María Méndez, Carmen Paz, Paula Dios e Laura Freire foi primeiro cun tempo de 50.59, sendo a mellor marca, e o equipo do 4×400 composto por Uxía Rozas, Candela Lago, Paula Torres e Sabela Martínez tamén foi o primeiro en cruzar a liña de meta nesta ocasión, tamén con nova mellor marca, agora en 04:15:19.

Subiron tamén ó computo total o segundo posto conseguido por Candela Lago no 1500, así como os terceiros conseguidos por Noa Currás no salto de altura, Sara Cristina Diz no 3000 metros lisos ou o de Carlota Vázquez no 100 metros valos.

Non só foron uns resultados fantásticos dos nosos equipos sub20 e dos nosos atletas a nivel individual, senon que sumados ós conseguidos polos compañeiros de categoría sub16 a pasada fin de semana, convierten á Gimnástica no único club galego que conseguir subir ó podio ós dous equipos (masculino e feminino) en ambas categorías. Parabéns a todos polo traballo!

Aproveitamos ademais para felicitar ós compañeiros do noso club filial do Sada polos seus podios. Moitos deles son compañeiros que compiten en moitas ocasións coa camiseta da Gimnástica e non podemos estar máis ledos de compartir podio con eles nas distintas categorías. Parabéns tamén a todos eles!


Enlace con la noticia original: Sub20 de prata e bronce ·2026·

Mas noticias relacionadas