HappyGoRunning

Publicado por: Ourense Atletismo

A carreira desenvolverase sobre un circuíto de 3333 m que transcorre entre os vieiros interiores do Campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.
Para a carreira de 10 km, daranse tres voltas ao devandito circuito.

Poderán participar as persoas nacidas no ano 2001 ou anteriores.

Esta carreira forma parte do Circuíto RunRun Vigo de Carreiras Populares, por iso as persoas inscritas nesta modalidade quedarán tamén inscritas de xeito automático no circuíto RunRun Vigo.

Hora e lugar da saída: a carreira terá saída ás 17.30 h na contorna da Piscina Universitaria.

Prazo de inscrición. Ata ás 23.59 h. do mércores 24 de abril. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e deberá efectuarse exclusivamente no sitio web: www.uvigo.gal/deporte.

Reglamento

 


Enlace con la noticia original: HappyGoRunning

Mas noticias relacionadas