21 atletas acuden ao Campionato de España de menores de lanzamentos longos de inverno

Publicado por: F.G. Atletismo

Avanzado xa o mes de marzo e ca pista indoor rematada practicamente, chega o momento da axenda de aire libre que avanza esta fin de semana ca disputa do campionato de España de lanzamentos longos de inverno para menores.

A esta cita o noso atletismo, sempre tan sobresainte nesta modalidade, acude cun total de 21 atletas (doce rapaces e nove rapazas) na procura de bos resultados.

Entre eles destaca a participación da mellor marca nacional en peso Hugo Casañas do Rías Baixas, quen tomará parte nesta ocasión no concurso de disco que lidera claramente. O atleta do Rías Baixas, aspira no aire libre a pulverizar todos os rexistros da súa categoría como xa fixera a nivel indoor.

No concurso de disco feminino Sub16 Irene Conde do Atletismo Sada, tamén marcha de maneira clara ao fronte do ranking nacional polo que parte como unha das favoritas ao campionato de España.

O concurso de martelo, terá na lanzadora do Rías Baixas Aixa Corbacho outra das a priori claras aspirantes ao título final nunha proba que lidera con 61.16 m. Na zona de podio, atención, xa que Erika Martínez do Rías Baixas con 52.99 como Mar Simón do Celta con 51.39 m. poderían estar de igual modo nese caixón de honra.

A líder nacional Lara Iglesias con 51.15 m. e a segunda mellor marca dos participantes Enzo López con 57.95 m. , ambos do Barbanza,  serán as claras apostas galegas na xavelina Sub18 no CEARD de León.

Pola súa banda Antía Otero do At. Naron na xavelina Sub18, Manuel Eirín do Ourense Atletismo e Rodrigo Fernández do At. Sada na xavelina Sub16, Sergio González do Barbanza na xavelina Sub20, Mar Simón do Celta  no disco Sub18, Javier Cid do Ourense At. no martelo Sub16 e Xaido Nimo do Celta no martelo Sub18 entre outros e outras, serán parte dos galegos que estarán pelexando polos postos de finalistas deste campionato.

 

O artigo 21 atletas acuden ao Campionato de España de menores de lanzamentos longos de inverno publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: 21 atletas acuden ao Campionato de España de menores de lanzamentos longos de inverno

Mas noticias relacionadas